Daquí darredor é un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas e gandeiros. Este proxecto está promovido polo Concello de Brión, a Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela.
O proxecto segue dúas vías:
COCIÑA COLABORATIVA
Posta en marcha dun espazo de xestión colaborativa con dúas liñas de produción para a transformación de alimentos da horta da túa casa con rexistro sanitario para abrir a vía da comercialización non só de produto fresco senón de conservas, marmeladas, zumes, pan, bolería...
Esta cociña estará situada no Centro Comercial Monte Balado (Os Anxeles-Brión) e podes descargar a distribución da mesma na zona de descargas desta web.
MATADOIRO MOBIL
Posta en marcha no Concello de Brión dun espazo de traballo colaborativo para a matanza de aves e coellos cumprindo con todos os requisitos sanitarios, o que permitirá a súa posterior comercialización por parte das persoas produtoras.
En Galicia, e España, non está a funcionar ningún matadoiro deste tipo pero noutros países da Unión Europea si que se poden ver en funcionamento. Podes descargar os planos do matadoiro móbil e ver un vídeo del funcionando na zona de descargas desta web.