luns, 8 de novembro de 2021

ESPAZO COLABORATIVO TRANSFORMANDO EN BRION: VIDEO





Presentamos un percorrido polas cociñas do Espazo colaborativo Transformando en Brión onde se explica, entre outras cousas, como é e cómo se utiliza este espazo, ademais de todo o equipamento de que dispón.

Vídeo: pincha aquí

xoves, 17 de xuño de 2021

MERCADO DAQUI DARREDOR

 


Cartaz        Solicitude para montar postos        Información para os postos

Iniciamos unha nova andaina coa organización do MERCADO DAQUÍ DARREDOR, un mercado para dar a coñecer os nosos produtos da horta, frescos ou transformados, a nosa artesanía, a nosa gastronomía, e para promover a reutilización cos postos de segunda man.


Admitiranse os seguintes postos:

- produto labrego

- artesanía 

- segunda man


O mercado nace con moita ilusión e ganas e, para empezar, imos  poñelo en marcha os primeiros e terceiros venres de mes en horario de tarde, desde as 6 ata as 10.


Tentarase organizar todos os días algunha actividade para a familia, entre as 7 e as 8 da tarde. Para este primeiro día contaremos cun pequeno roteiro para coñecer as plantas medicinais que hai á beira do río Pego.


Haberá sombra en toda a zona do mercado. En caso de choiva farémolo no interior do centro comercial nese mesmo terceiro andar.