mércores, 14 de maio de 2025

VISITA A LABRECOS. PROXECTO DE HORTA EN OZA-CESURAS

 



VISITA AO PROXECTO DE LABRECOS

Iniciamos o ano con esta actividade para ir visitar a horta de LABRECOS, no Concello de Oza- Cesuras, un proxecto moi interesante onde nos explicarán como fan eles todo o proceso desde o cultivo ata a venda e distribución dos seus produtos en fresco e transformados.

Data: sábado 31 de maio de 2025

Horario: saída a iso das 9 da mañá (confirmarase uns días antes)

Lugar: saída desde o Espazo colaborativo Transformando en Brión. Centro comercial Monte Balado, 3º andar

Prezo: pagamos os gastos a escote, o xantar acordaremos uns días antes se cadaquén leva o seu o reservamos nalgures

Inscrición: ata o día 27 de maio enviando a folla de inscrición a daquidarredor@gmail.com ou por whatsapp ao 667 665 705.

Folla de inscrición: descargar aquí

0 comments:

Publicar un comentario