xoves, 19 de decembro de 2019

MEDIO RURAL: PROMOCION SECTOR VITIVINICOLA NO EXTERIOR


ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR440D).

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191204/AnuncioG0426-221119-0003_gl.pdf






MEDIO RURAL: AMPLIACION ZONAS PRAGA COUZA GUATEMALTECA


RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se amplían as zonas demarcadas pola presenza da praga de corentena denominada Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca.

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191205/AnuncioG0426-021219-0001_gl.pdf


MEDIO RURAL: AXUDAS CREACION SUPERFICIES FORESTAIS


ORDE do 25 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR670B).

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191205/AnuncioG0426-251119-0003_gl.pdf


MEDIO RURAL: AXUDAS CONTRATACION SEGUROS AGRARIOS


ORDE do 26 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2020

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191209/AnuncioG0426-281119-0001_gl.pdf


MEDIO RURAL: FOMENTO RAZAS AUTOCTONAS


ORDE do 15 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento MR536A).

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191213/AnuncioG0426-201119-0001_gl.pdf


MEDIO RURAL: AXUDAS A INVESTIMENTOS PRODUTOS VITIVINICOLAS


ORDE do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2020 (código de procedemento MR361A).

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191216/AnuncioG0426-041219-0002_gl.pdf


MEDIO RURAL: PRIMAS DE MANTEMENTO


ORDE do 10 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 para a concesión das primas de mantemento, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, relacionadas cos expedientes tramitados ao abeiro da Orde do 22 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o establecemento de sistemas agroforestais (código de procedemento MR674B).

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191219/AnuncioG0426-111219-0001_gl.pdf


mércores, 27 de novembro de 2019

INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO E FEIRA LABREGA EN BRION


INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO

O vindeiro venres 13 de decembro inaugurarase o Espazo colaborativo de transformación de alimentos de Monte Balado, situado no Centro comercial Monte Balado, no 3º andar.

A inauguración será ás 13.00 horas e o acceso é libre para quen queira asistir.

FEIRA LABREGA

Ó día seguinte, sábado 14 de decembro, celebrarase a Feira labrega do ano 2019 alí mesmo, no Centro comercial Monte Balado. A feira abrirá ás 11 da mañá e pechará ás 7 da tarde, podendo incluso xantar alí. Na feira podedes atopar produtos de horta, artesanía e cousas de segunda man e podedes pasar un día entretido cos obradoiros e actuacións que vai haber ó longo de toda a xornada.

+Info: https://daquidarredor.blogspot.com/p/feira-labrega-2019.html

xoves, 21 de novembro de 2019

MEDIO RURAL: AXUDAS A ORGANIZACIÓNS AGRARIAS


ORDE do 8 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento MR321A).

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191120/AnuncioG0426-131119-0001_gl.pdf

mércores, 8 de maio de 2019

FEIRA DE ARTESANIA E OFICIOS TRADICIONAIS EN BAROÑA

A Comunidade de montes de Baroña organiza a 1ª Feira de artesanía e oficios tradicionais de Baroña.

Cando: sábado 8 de xuño de 2019

A que hora: desde as 11 da mañá ata as 8 da tarde

Onde: no entorno dos muíños e capela de Santo Tomé (Baroña. Porto do Son)



A BAÑA: ELABORACIÓN DE CESTOS E DERIVADOS LACTEOS

No mes de maio o Concello da Baña organiza dous cursos que poden ser de interese:
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CESTOS
Cando: do 27 ó 30 de maio en horario de 16.00 a 19.00 horas
Lugar: Centro social e da terceira idade da Baña
Prezo: 10 euros
Inscrición e info: nos teléfonos 981 886 777 ou 682 859 367

OBRADOIRO DE DERIVADOS LACTEOS
Cando: do 20-21-23-24-25 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas
Lugar: antiga escola de Seoane, A Barcala (A Baña)
Inscrición e info: no teléfono 981 55 41 47 ou correo electrónico a formacion@sindicatolabrego.com.

PLANTAS AROMATICAS E MEDICINAIS

O Concello de Caldas está a realizar un proxecto de produción sostible de plantas aromáticas e medicinais, dentro do programa Empleaverde.

Teñen previsto facer 12 cursos de cultivo e produción sostible de plantas aromáticas e medicinais, pero polo de agora non temos máis información.

Se alguén está interesado/a neste proxecto pode poñerse en contacto coas persoas responsables no Concello de Caldas:

Tlf: 986 540 002

Correo: empleaverde@caldasdereis.com

Web: www.caldasdereis.com


SUBVENCIÓNS A ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E LABREGAS

Extracto da Resolución número 2019/ 14728 de 29 de abril de 2019, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do programa de subvencións dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas(OPAs) da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o exercicio 2019


+Info: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/05/07/2019_0000003491.pdf