luns, 21 de maio de 2018

DAQUI DARREDOR: PRESENTACION DO PROXECTO NAS PARROQUIAS DE BRION

Co fin de dar a coñecer o proxecto Daquí darredor: espazos colaborativos de transformación de alimentos caseiros, durante os meses de maio e xuño farase a presentación tanto do proxecto da cociña colaborativa como do matadoiro móbil nas diferentes parroquias do Concello de Brión e na Casa da cultura do mesmo concello.

Estas presentacións están abertas a todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no  proxecto ou que simplemente teñan curiosidade por saber en qué consiste iso de espazos colaborativos para o primeiro sector.

O calendario das charlas informativas é o seguinte:

- 22 de maio: ás 10.30 horas no teleclube de Viceso
- 24 de maio: ás 10.30 horas no teleclube de Cornanda
- 25 de maio: ás 20.30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura (Brión)
- 29 de maio: ás 10.30 horas no teleclube da Luaña
- 31 de maio: ás 10.30 horas no teleclube de Ons
- 2 de xuño: ás 10.30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura (Brión)
- 5 de xuño: ás 10.30 horas no local social de Soigrexa (Bastavales)
- 7 de xuño: ás 10.30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura (Brión)

Cartaz charlas parroquias: descargar aquí

Cartaz charlas sala de exposicións: descargar aquí

Presentación do proxecto: descargar aquí