mércores, 27 de novembro de 2019

INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO E FEIRA LABREGA EN BRION


INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO

O vindeiro venres 13 de decembro inaugurarase o Espazo colaborativo de transformación de alimentos de Monte Balado, situado no Centro comercial Monte Balado, no 3º andar.

A inauguración será ás 13.00 horas e o acceso é libre para quen queira asistir.

FEIRA LABREGA

Ó día seguinte, sábado 14 de decembro, celebrarase a Feira labrega do ano 2019 alí mesmo, no Centro comercial Monte Balado. A feira abrirá ás 11 da mañá e pechará ás 7 da tarde, podendo incluso xantar alí. Na feira podedes atopar produtos de horta, artesanía e cousas de segunda man e podedes pasar un día entretido cos obradoiros e actuacións que vai haber ó longo de toda a xornada.

+Info: https://daquidarredor.blogspot.com/p/feira-labrega-2019.html

xoves, 21 de novembro de 2019

MEDIO RURAL: AXUDAS A ORGANIZACIÓNS AGRARIAS


ORDE do 8 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento MR321A).

+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191120/AnuncioG0426-131119-0001_gl.pdf