martes, 21 de agosto de 2018

GRUPOS DE TRABALLO DE MARMELADAS E MASAS: CONVOCATORIA

Convocatoria de xuntanza para os grupos de marmeladas e masas:

Orde do día:
     - Definición dos procesos de elaboración
     - Maquinaria e utillaxe necesarias

Data: martes 21 de agosto

Lugar: restaurante Kratos

Hora:
     - Marmeladas: 19.30 horas
     - Masas: 21.30 horas

martes, 14 de agosto de 2018

GRUPO DE TRABALLO DE ZUMES: CONVOCATORIA ENCONTRO

Convocatoria para a primeira xuntanza do grupo de traballo de zumes:

Orde do día:
     - Definición do proceso de elaboración
     - Maquinaria e utillaxe necesarias

Data: martes 14 de agosto

Lugar: restaurante Kratos

Hora: 19.30 horas

xoves, 19 de xullo de 2018

ENCONTRO DO GRUPO DE TRABALLO DA COCIÑA COLABORATIVA

Convocatoria para o primeiro encontro do grupo de traballo do proxecto da cociña colaborativa.

Orde do día:

     - Necesidades e posibilidades de cada persoa produtora
     - Planos de distribución do espazo da cociña colaborativa
     - Rexistro sanitario
     - Necesidades de formación
     - Regulamento de funcionamento e xestión do espazo colaborativo

Data: xoves 19 de xullo

Lugar: restaurante Kratos (Os Ánxeles)

Hora: 20.30 horas

luns, 21 de maio de 2018

DAQUI DARREDOR: PRESENTACION DO PROXECTO NAS PARROQUIAS DE BRION

Co fin de dar a coñecer o proxecto Daquí darredor: espazos colaborativos de transformación de alimentos caseiros, durante os meses de maio e xuño farase a presentación tanto do proxecto da cociña colaborativa como do matadoiro móbil nas diferentes parroquias do Concello de Brión e na Casa da cultura do mesmo concello.

Estas presentacións están abertas a todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no  proxecto ou que simplemente teñan curiosidade por saber en qué consiste iso de espazos colaborativos para o primeiro sector.

O calendario das charlas informativas é o seguinte:

- 22 de maio: ás 10.30 horas no teleclube de Viceso
- 24 de maio: ás 10.30 horas no teleclube de Cornanda
- 25 de maio: ás 20.30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura (Brión)
- 29 de maio: ás 10.30 horas no teleclube da Luaña
- 31 de maio: ás 10.30 horas no teleclube de Ons
- 2 de xuño: ás 10.30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura (Brión)
- 5 de xuño: ás 10.30 horas no local social de Soigrexa (Bastavales)
- 7 de xuño: ás 10.30 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura (Brión)

Cartaz charlas parroquias: descargar aquí

Cartaz charlas sala de exposicións: descargar aquí

Presentación do proxecto: descargar aquí