xoves, 14 de xaneiro de 2021

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE POR EXPERIENCIA

ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se realiza a convocatoria pública para o ano 2021 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento TR305A).


+Info: https://empregobrion.blogspot.com/

AXUDAS A EMPRESAS DE PRODUCION AGRICOLA PARA ENERXIAS RENOVABLES

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2021 (código de procedemento IN421L).


+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0474-281220-0003_gl.pdf

AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE SEGUROS AGRARIOS

 ORDE do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR443A).


+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0426-281220-0003_gl.pdf

INDEMNIZACIÓN POLO SACRIFICIO OBRIGATORIO DE ANIMAIS

ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR553C).


+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210113/AnuncioG0426-231220-0001_gl.pdf




martes, 12 de xaneiro de 2021

AXUDAS SECTOR VITIVINICOLA: INVESTIMENTOS PARA ELABORACIÓN E COMERCIALIZACIÓN

ORDE do 23 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas para o período 2019-2023, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2021 (código de procedemento MR361A).


+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210112/AnuncioG0426-231220-0003_gl.pdf


AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DE DANOS CAUSADOS POR FAUNA SILVESTRE

ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos  danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809D).


+Info: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210112/AnuncioG0532-221220-0001_gl.pdf


martes, 5 de xaneiro de 2021

DEPUTACIÓN CORUÑA: AXUDAS A CONTRATACIÓN E EMPRENDEMENTO DA MOCIDADE

Axudas da Deputación da Coruña para o fomento da contratación e do emprendemento de mozos/as de concellos de menos de 5000 habitantes ou de menos de 10000 con crecemento negativo, inscritos/as no programa de Garantía Xuvenil.


DEPUTACIÓN DA CORUÑA: PEL RELEVO, FOMENTO DA CONTRATACIÓN DA MOCIDADE

Axudas PEL RELEVO. Fomento da contratación da xuventude, dirixidas a afrontar o reto demográfico nos concellos de menor poboación da provincia da Coruña. Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo (EMP POEJ)

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/01/05/2020_0000009979.pdf


DEPUTACIÓN DA CORUÑA: PEL RURINNOVA, FOMENTO DO EMPRENDEMENTO NA MOCIDADE

Axudas PEL RURINNOVA. Fomento do emprendemento entre a mocidade, dirixidas a afrontar o reto demográfico nos municipios de menor poboación da provincia da Coruña, Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Fondo Social Europeo (EMP-POEJ)

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/01/05/2020_0000009980.pdf