FEIRA LABREGA 2019

INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO

Despois de case 2 anos traballando no proxecto Daquí darredor, finalmente os Espazo de traballo colaborativo para a transformación de alimentos de Monte Balado, a base deste proxecto, está rematado e listo para inaugurar.

A inauguración, aberta a tódalas persoas que queiran asistir, vai ser o venres 13 de decembro ás 13 horas no propio Espazo, situado na terceira planta do Centro Comercial Monte Balado.

E ao día seguinte... feira!

INFORMACIÓN XERAL DA FEIRA LABREGA

Un ano máis celebramos a feira labrega, onde atoparás postos de produtos labregos, artesanía e segunda man, xunto con diferentes obradoiros, actividades para a cativada e actuacións musicais ó longo do día.

Data: sábado 14 de decembro

Horario: de 11 a 19 horas

Programa: ver cartel aquí

Lugar: Centro comercial Monte Balado, 3ª planta (mapa aquí). Hai aparcadoiro na parte de atrás na  (mapa aparcadoiro aquí)


QUERO MONTAR UN POSTO

Se queres participar montando un posto na feira só tes que solicitalo na Casa da Cultura de Brión, enviando a folla de solicitude cuberta ó correo daquidarredor@gmail.com

Ficha de solicitude: pincha aquí

Instrucións para montar o posto: pincha aquí







0 comments:

Publicar un comentario