xoves, 17 de xuño de 2021

MERCADO DAQUI DARREDOR

 


Cartaz        Solicitude para montar postos        Información para os postos

Iniciamos unha nova andaina coa organización do MERCADO DAQUÍ DARREDOR, un mercado para dar a coñecer os nosos produtos da horta, frescos ou transformados, a nosa artesanía, a nosa gastronomía, e para promover a reutilización cos postos de segunda man.


Admitiranse os seguintes postos:

- produto labrego

- artesanía 

- segunda man


O mercado nace con moita ilusión e ganas e, para empezar, imos  poñelo en marcha os primeiros e terceiros venres de mes en horario de tarde, desde as 6 ata as 10.


Tentarase organizar todos os días algunha actividade para a familia, entre as 7 e as 8 da tarde. Para este primeiro día contaremos cun pequeno roteiro para coñecer as plantas medicinais que hai á beira do río Pego.


Haberá sombra en toda a zona do mercado. En caso de choiva farémolo no interior do centro comercial nese mesmo terceiro andar.

mércores, 27 de novembro de 2019

INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO E FEIRA LABREGA EN BRION


INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO

O vindeiro venres 13 de decembro inaugurarase o Espazo colaborativo de transformación de alimentos de Monte Balado, situado no Centro comercial Monte Balado, no 3º andar.

A inauguración será ás 13.00 horas e o acceso é libre para quen queira asistir.

FEIRA LABREGA

Ó día seguinte, sábado 14 de decembro, celebrarase a Feira labrega do ano 2019 alí mesmo, no Centro comercial Monte Balado. A feira abrirá ás 11 da mañá e pechará ás 7 da tarde, podendo incluso xantar alí. Na feira podedes atopar produtos de horta, artesanía e cousas de segunda man e podedes pasar un día entretido cos obradoiros e actuacións que vai haber ó longo de toda a xornada.

+Info: https://daquidarredor.blogspot.com/p/feira-labrega-2019.html

martes, 21 de agosto de 2018

GRUPOS DE TRABALLO DE MARMELADAS E MASAS: CONVOCATORIA

Convocatoria de xuntanza para os grupos de marmeladas e masas:

Orde do día:
     - Definición dos procesos de elaboración
     - Maquinaria e utillaxe necesarias

Data: martes 21 de agosto

Lugar: restaurante Kratos

Hora:
     - Marmeladas: 19.30 horas
     - Masas: 21.30 horas