mércores, 27 de novembro de 2019

INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO E FEIRA LABREGA EN BRION


INAUGURACIÓN DO ESPAZO COLABORATIVO

O vindeiro venres 13 de decembro inaugurarase o Espazo colaborativo de transformación de alimentos de Monte Balado, situado no Centro comercial Monte Balado, no 3º andar.

A inauguración será ás 13.00 horas e o acceso é libre para quen queira asistir.

FEIRA LABREGA

Ó día seguinte, sábado 14 de decembro, celebrarase a Feira labrega do ano 2019 alí mesmo, no Centro comercial Monte Balado. A feira abrirá ás 11 da mañá e pechará ás 7 da tarde, podendo incluso xantar alí. Na feira podedes atopar produtos de horta, artesanía e cousas de segunda man e podedes pasar un día entretido cos obradoiros e actuacións que vai haber ó longo de toda a xornada.

+Info: https://daquidarredor.blogspot.com/p/feira-labrega-2019.html

martes, 21 de agosto de 2018

GRUPOS DE TRABALLO DE MARMELADAS E MASAS: CONVOCATORIA

Convocatoria de xuntanza para os grupos de marmeladas e masas:

Orde do día:
     - Definición dos procesos de elaboración
     - Maquinaria e utillaxe necesarias

Data: martes 21 de agosto

Lugar: restaurante Kratos

Hora:
     - Marmeladas: 19.30 horas
     - Masas: 21.30 horas

martes, 14 de agosto de 2018

GRUPO DE TRABALLO DE ZUMES: CONVOCATORIA ENCONTRO

Convocatoria para a primeira xuntanza do grupo de traballo de zumes:

Orde do día:
     - Definición do proceso de elaboración
     - Maquinaria e utillaxe necesarias

Data: martes 14 de agosto

Lugar: restaurante Kratos

Hora: 19.30 horas