martes, 27 de agosto de 2024

VISITA AS HORTAS DE BRION!

 


RUTA DAS HORTAS

O Concello de Brión, en colaboración coa Asociación Darredor, dentro das actividades do proxecto DAQUI DARREDOR vinculado ás cociñas colaborativas instaladas en Monte Balado, vén de ofertar unha nova actividade de promoción e recoñecemento ao traballo das e dos pequenas e pequenos produtores/as de horta do Concello de Brión.

Estas labregas e labregos levan anos traballando as súas hortas con todo o cariño e esmero de que son capaces, cultivando con moito traballo sen utilizar ningún produto químico nin pesticida para poder ofertar ás veciñas e veciños un produto inmellorable, de primeira calidade, san e saudable.

Con esta iniciativa, poderemos ver de primeira  man como traballan e cultivan os seus produtos catro referentes do mundo da agricultura do Concello de Brión:

  • Xoves 5 de setembro: visita á horta de MARISA, pola tarde, de 5 a 8
  • Xoves 12 de setembro; visita á horta de ALBA, pola mañá, de 10 a 1
  • Martes 17 de setembro: visita á horta de PABLO, tamén pola mañá, de 10 a 1
  • Martes 24 de setembro: visita á horta de PILAR, desta volta pola tarde, de 5 a 8
Que non sabes se vas poder ir ou non? Que de pronto ese día che apetece ir? Non hai problema!! Non hai que inscribirse antes!! É suficiente con que esteas media hora antes da visita nas cociñas do Espazo colaborativo Transformando en Brión, no terceiro andar do Centro Comercial Monte Balado.

Agardámoste!!

0 comments:

Publicar un comentario