martes, 23 de febreiro de 2021

AXUDAS A COMUNIDADES DE MONTES PARA A PREVENCION DE DANOS

 ORDE do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

+Info:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210216/AnuncioG0426-020221-0006_gl.pdf

PREMIOS AGADER ÁS INICIATIVAS DE DESNVOLVEMENTO RURAL

 RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural e se convoca, mediante tramitación anticipada de gasto, a décimo segunda edición (código de procedemento MR709A).

+Info:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210211/AnuncioO90-270121-0001_gl.pdf

AXUDAS DA DEPUTACIÓN: INVESTIMENTOS MEDIO AMBIENTE

 Programa DP0036, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para proxectos de investimento no ámbito do medio ambiente no 2021

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/02/09/2021_0000000910.pdf

 

AXUDAS DA DEPUTACIÓN: ACTIVIDADES MEDIO AMBIENTE

 Programa DP0031, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente no 2021.

+Info: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/02/09/2021_0000000909.pdf

AXUDAS A COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS E EN MAN COMUN

 ORDE do 31 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en concorrencia competitiva, destinadas ao impulso da boa gobernanza nas comunidades de montes veciñais en man común, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR651C).

 +Info:

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210209/AnuncioG0426-250121-0001_gl.pdf