mércores, 8 de maio de 2019

FEIRA DE ARTESANIA E OFICIOS TRADICIONAIS EN BAROÑA

A Comunidade de montes de Baroña organiza a 1ª Feira de artesanía e oficios tradicionais de Baroña.

Cando: sábado 8 de xuño de 2019

A que hora: desde as 11 da mañá ata as 8 da tarde

Onde: no entorno dos muíños e capela de Santo Tomé (Baroña. Porto do Son)



A BAÑA: ELABORACIÓN DE CESTOS E DERIVADOS LACTEOS

No mes de maio o Concello da Baña organiza dous cursos que poden ser de interese:
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE CESTOS
Cando: do 27 ó 30 de maio en horario de 16.00 a 19.00 horas
Lugar: Centro social e da terceira idade da Baña
Prezo: 10 euros
Inscrición e info: nos teléfonos 981 886 777 ou 682 859 367

OBRADOIRO DE DERIVADOS LACTEOS
Cando: do 20-21-23-24-25 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas
Lugar: antiga escola de Seoane, A Barcala (A Baña)
Inscrición e info: no teléfono 981 55 41 47 ou correo electrónico a formacion@sindicatolabrego.com.

PLANTAS AROMATICAS E MEDICINAIS

O Concello de Caldas está a realizar un proxecto de produción sostible de plantas aromáticas e medicinais, dentro do programa Empleaverde.

Teñen previsto facer 12 cursos de cultivo e produción sostible de plantas aromáticas e medicinais, pero polo de agora non temos máis información.

Se alguén está interesado/a neste proxecto pode poñerse en contacto coas persoas responsables no Concello de Caldas:

Tlf: 986 540 002

Correo: empleaverde@caldasdereis.com

Web: www.caldasdereis.com


SUBVENCIÓNS A ORGANIZACIÓNS PROFESIONAIS AGRARIAS E LABREGAS

Extracto da Resolución número 2019/ 14728 de 29 de abril de 2019, da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria do programa de subvencións dirixido ás organizacións profesionais agrarias e labregas(OPAs) da provincia da Coruña para a realización de actividades durante o exercicio 2019


+Info: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2019/05/07/2019_0000003491.pdf